mapa emocional

Ese mapa foi un traballo de encarga que, en principio, non me apetecía demasiado. A idea dunha cartografía exhaustiva e precisa resultábame moi ríxida, pero aos poucos fun  reconciliandome co proxecto. Descubrín que toda cartografía responde a unha cosmovisión, a unha ideoloxía, e que a miña cosmovisión de Santiago era tan válida como calquera outra.
Na imaxe, os lugares e as persoas son sobre todo referentes emotivos dunha cidade orgánica, vibrante, coa que nos identificamos en tanto que está viva. A localización e o tamaño das cousas responde a un rexistro subxectivo, más, quen sabe? quizá este rexistro achéguenos a unha íntima realidade de Santiago de Compostela.

Hoxe día converteuse nun clásico

Cartografía personal en acuarela e colaxe reproducida en  Offset.
Tirada de 1000 exemplares. (Actualmente 4ª edición)
Formato 50X70 cm, enrolado en tubo de cartón con adhesivo.
Presentación na Fundación Granell, Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2014.


(Véndese a 15 euros co envío incluido, -cielos que barato!- enrolado nun excitante tubo de cartón con pegatina)

o mapa polo mundo adiante

Dende La Flor, Compostela
dende Villanueva del Rosario, Málaga
dende Pontepedriña
dende China, grazas Pelie!
dende Nagoya, Japón, grazas Asaka!
dende Oxford
Giuli dende Strasbourg
máis China!
dende o Culturgal, Pontevedra
Grazas Rodrigo Costoya!
grazas Gatomariano!
dende Catrineta
desde New York, grazas Dani!