na casa de baño

Pinto o que me rodea porque me gusta e me emociona. A pintura do natural é como unha partida de xadrez coa realidade, case sempre se perde, pero é un pracer! E o pracer xa é un argumento. Tamén unha formulación política.  
Fálase do bodegón como un xénero menor, sen‘concepto’… pero non creo que existan xéneros menores, se non pinturas boas ou malas. E as malas tamén molan!.