open studio 2016, con Matka

No 2016, a firma de roupa MATKA organizou un showroom no Pazo Meiji. Durante o mes de decembro, os salóns da casa convertéronse nun gran probador de pezas delicadadísimas e feitas a man. O 22 de decembro organizamos unha xornada de portas abertas da casa, onde conviviron pintura, pezas de roupa en edicións limitadas, e no último momento sumouse á xornada unha instalación de lámpadas a cargo de Mauro Trastoy.

Nova aventura e evento imprescindible para este xoves 22 !
A INCRiBLE firma Matka e servidora abrimos as portas da miña CASA-ATELIER nunha sesión contínua de 12 (da mañá) a 10 (da noite)!
ONDE?
Na Praza do Toural. En fronte da Fundación Granell, fonte de por medio, e tres pisos cara arriba logo dunha escaleira preciosa-preciosa de madeira que dá paso a esta singular e enoorme vivenda.
Pero ¿POR QUE SINGULAR? Porque esta casa con vocación de residencia de artistas materializa un proxecto de hai xa tempo: un espazo mixto, íntimo e ás veces público, diáfano, acolledor, cambiante e contraditorio.
Un lugar inspirador, en definitiva, para facer COUSAS.
Mais, Que COUSAS?
Pois, por exemplo, a mostra dunha selección de pezas de MATKA -prendas elegantes e artesanais en edicións limitadas- en convivio con pintura in progress e outras exquisiteces que teredes que descubrir!
E todo esto aderezado con viño, petiscos, música e a simpatía que nos caracterizaaa!!
En fin un luxo!
CANDO?
Xoves 22 de decembro a partir das 12 e ata que caia a noite pecha....
Vinde vinde tomar un viño e curiosear este espazo!!