open studio 2017, con Raisa Álava

No ano 2017 a artista Raisa Álava tivo a brillante idea de chamarlle María Meijide a súa exposición en Alkolea Beach, unha galería de Donosti. Este absurdo e simpático proceder convertiuna de inmediato na artista invitada para o open studio de fin de ano. Grazas Raisa!

Aquí o convite:

OPEN STUDIO!!! Este xoves a partir das oito, xornada de portas abertas na miña casa-taller da Praza do Toural. Haberá viños, pintura e unha artista incrible acabada de chegar do país vasco: RAISA ÁLAVA!

Raisa ten un traballo simpático e desprexuizado como ela mesma: debuxo, gravado, cerámica... Neste mes de setembro tivo a xenial ocorrencia de chamarlle "María Meijide" á súa exposición en Alkolea Beach, Donosti, e isto outorgoulle ipso-facto convite permanente no pazo-meiji!

Vide,vide, please,coñecela e tomar un viño!!!

Estaremos ademais os de sempre, claro: pinturas íntimas de casas, novas e vellas, cadros de gran formato e por suposto Carlos Meixide cos seus libros e novidades!

Vide, vide, pleaseee!