galipop

Un caderno de hoxe e de sempre, Galicia, 2020

Este caderno é unha peza pop de deseño e pintura sobre Galicia.
Ao xeito dunha cartografía emocional, o caderno percorre hits da nosa cultura nun formato de deseño que bebe da tradición e tamén incorpora elementos das linguaxes virtuais como son os EMOJIS, poñendo en valor, por unha banda, paisaxes e fitos emblemáticos de Galicia, e por outra, momentos máis íntimos da vida en confinamento pola COVID19.

Esta peza editouse ao abeiro do fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia

Edición en formato desdobrable, 500 exemplares
Tamaño de póster 76x36 cm.
Offset, impresa a 4/4 tintas CMYK en papel Creator Vol de 135 gr.
Pregado a mitade en horizontal e en fuelle.
Encetado en marco fucsia de cartón 21x22 cm