sobre min

COMER, BEBER, AMAR son os temas que máis me interesan.
A pintura é unha cousa alegre e furiosa, un rastro ou un retrato do presente, da miña vida.
As palabras tamén.
Ás veces traballo no taller e dedícome a grandes proxectos, cadros enormes da miña habitación e dos meus amigos.
Outras veces estou de viaxe e traballo só en cadernos pequenos e cadrados: cadernos de viaxe
Case sempre escribo.
Non me levo ben coa burocracia, nin coa xestión do tempo.
Teño 44 anos pero vivo coma se tivese 26.

Son unha artista emerxente con ciática.

 

 

Esta web está sendo subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade, financiamento da Unión Europea, NextGenerationEU