paisaxe, why not?

pintando paisaxes dende 2006

Pinto o que me rodea porque me gusta e me emociona. A pintura do natural é como unha partida de xadrez coa realidade, case sempre se perde, pero é un pracer! E o pracer xa é un argumento. Tamén unha formulación política.  
Fálase da paisaxe como un xénero menor, sen ‘concepto’… pero non creo que existan xéneros menores, se non pinturas boas ou malas. E as malas tamén molan!
Estas pinturas formaron parte de exposicións como O amor e outras desordens, mostra individual en ArtePeriférica, CCB, Lisboa, febreiro de 2012 / Lisboa e outros asuntos de cama , exposición individual en COAG, Santiago, febreiro de 2011 / Del taller a la Patagonia y otros asuntos domésticos, exposición individual en Galería Sargadelos Monforte de Lemos, setembro 2007, etc.
Precioso Zacatecas foi pintado durante a realización de Rumbo Zacatecas, proxecto becado pola Fundación Rojo Urbiola cunha residencia artísica en Zacatecas, México, maio, xuño de 2007