(con algo de México)
Caderno de viaxe trans-americano. 2017
En 2007 percorrín gran parte da Arxentina, dende Ushuaia ata Bolivia, atravesando tamén a Patagonia chilena. Un traxecto precioso, algo accidentado e que durou varios meses. Cando estaba a chegar á fronteira Norte, na Quiaca, recibín a noticia de que me concedían unha bolsa en México, de xeito que a viaxe deu un salto ao estado de Zacatecas. De Ushuaia a La Quiaca (con algo de México) é o caderno que recolle toda esta travesía. Un libro impreso a toda cor cunha selección de máis de 100 debuxos feitos do natural. A medida que avanzan as páxinas poderemos atopar as xélidas paisaxes de Ushuaia (a cidade máis austral do mundo), os glaciares das Torres do Paine, o icónico Perito Moreno, vistas preciosas debuxadas en interminables horas de autobús, o museo do Che en Córdoba, o cerro de Uritorco, a quebrada de Humahuaca, o Zócalo Capitalino na Cidade de México, o enterro de Antonio Aguilar en Zacatecas, as coloridas roupas dos huicholes... e moito máis! + info
Presentación da publicación na libraría LILA, Santiago de Compostela, maio de 2017. Autoedición realizada mediante crowdfunding na plataforma Verkami. Tiraxe de 1250 copias. Offset. Formato 17x18 cm, tapa de cartón con golpe en seco, lombo á vista, encadernación xaponesa.
Prensa: El Correo, Crtvg, La Voz