todos os meus amigos

Retratos dende 2006

Os meus amigos adoitan ser os meus modelos. Tamén a miña familia, os meus compañeiros de piso, os meus amantes e ás veces, traballo con modelos por encargo.
Todos estes retratos están feitos ao vivo en sesións de posado máis ou menos cómodas.
Así aparece Rebe vestida e espida, Antón dende o embigo ata os xeonllos, Mon Pensador, O meu primo o de Zumosol, Gabriela e a cerámica, etc.

Quen é quen é unha peza de cinco por dous metros con 24 retratos en formato cadrado. Os personaxes teñen nome e número de teléfono, facendo un guiño ao taboleiro de xogo Who's Who.

These paintings were exhibited in Brussels, Parcours  d’Artists of St. Gilles, May 2010, Lisbon, Do Amor e outras desordens, Arteperiférica, CCB, February 2012,  in Santiago de Compostela, Amigos, amores e outras cousas, Galería Metro,  December 2012, Qué ves cando me ves? Casa das Asociacións, June 2011,  Lisboa e outros assuntos de cama, COAG, February 2011 and in Ponferrada, Asuntos de andar por casa e outras intimidades, 2000vacas.arte, April 2008.