Na cociña

“Creo que a cociña é o lugar do mundo que máis me gusta. Na cociña, non importa de quen nin como sexa, ou en calquera sitio onde se faga comida, non sufro. Se é posible, prefiro que sexa funcional e que estea moi usada. Cos trapos secos e limpos, e os azulexos brancos e brillantes.
Incluso as cociñas sucísimas encántanme.
Aínda que haxa restos de verduras esparexidos polo chan e estea tan sucio que a sola das zapatillas quede ennegrecida, se a cociña é moi grande, gústame. Se alí érguese unha neveira enorme, chea de comida como para pasar un inverno, gústame apoiar o corpo na súa porta prateada. Cando levanto os ollos da cociña de gas graxenta e do coitelo oxidado, na xanela brillan estrelas solitarias.
Só estamos a cociña e eu. Pero creo que é mellor que pensar que neste mundo estou eu soa.
Cando estou esgotada quedo absorta.
Cando chegue o momento, quero morrer na cociña”.

Kitchen, Banana Yosimoto