todos os meus amigos

Retratos dende 2006

Os meus amigos adoitan ser os meus modelos. Tamén a miña familia, os meus compañeiros de piso, os meus amantes e ás veces traballo con modelos por encargo.
Todos estes retratos están feitos ao vivo en sesións de posado máis ou menos cómodas.
Así aparece Rebe vestida e espida, Antón dende o embigo ata os xeonllos, Mon Pensador, O meu primo o de Zumosol, Gabriela e a cerámica, etc.

Quen é quen é unha peza de cinco por dous metros con 24 retratos en formato cadrado. Os personaxes teñen nome e número de teléfono, facendo un guiño ao taboleiro de xogo Who's Who.