open studios

Desde hai uns anos organizo xornadas de portas abertas no meu taller, que tamén é a miña casa.
Vivo nunha casa preciosa, grande e antiga, con chan de madeira e teitos altos. Ten varios  salóns enormes, galerías… Como é tan grande, comparto habitualmente con outros artistas en estancias cortas ou máis longas, e polo menos unha vez ao ano, facemos algún evento de portas abertas.
Se estás interesado en compartir/convivir ou alugar unha habitación/espazo nesta casa taller, ou simplemente queres vir visitarla, contáctame en soymariameijide@gmail.com
Estas son algunhas fotos de eventos pasados.

 

open studio 2020, con Publicación de Urxencia

No ano 2020, en plena pandemia, O LABORATORIO DE ESCRITA PERMANENTE lanza o número CERO dun SUPERFANZINE DE URXENCIA que é presentado no novo open studio de Praza Toural. Este evento contou ademáis coa presenza das esculturas de Jose Perozo, e unha peza de debuxo e texto de Alejandra Pombo. Todo iso aderezado, claro, de pinturitas Meiji da era confinada.

ler máis

open studio 2018, con Lúa Gándara

No ano 2018 a artista Lúa Gándara veu vivir uns meses ao Pazo Meiji,  meses que ao final se converteron en ano e medio. Durante ese tempo fixemos moitas cousas.
Un open studio de nome Lúa Gándara vs María Meijide aberto ao público o 5 de Maio de 2018, e que se converteu nunha especie de competición deportiva de pintura.

ler máis

open studio 2017, con Raisa Álava

No ano 2017 a artista Raisa Álava tivo a brillante idea de chamarlle María Meijide a súa exposición en Alkolea Beach, unha galería de Donosti. Este absurdo e simpático proceder convertiuna de inmediato na artista invitada para o open studio de fin de ano. Grazas Raisa!

ler máis

open studio 2016, con Matka

No 2016, a firma de roupa MATKA organizou un showroom no Pazo Meiji. Durante o mes de decembro, os salóns da casa convertéronse nun gran probador de pezas delicadadísimas e feitas a man. O 22 de decembro organizamos unha xornada de portas abertas da casa, onde conviviron pintura, pezas de roupa en edicións limitadas, e no último momento sumouse á xornada unha instalación de lámpadas a cargo de Mauro Trastoy.

ler máis