No ano 2020, en plena pandemia, O LABORATORIO DE ESCRITA PERMANENTE lanza o número CERO dun SUPERFANZINE DE URXENCIA que é presentado no novo open studio de Praza Toural. Este evento contou ademáis coa presenza das esculturas de Jose Perozo, e unha peza de debuxo e texto de Alejandra Pombo. Todo iso aderezado, claro, de pinturitas Meiji da era confinada.
Aquí o convite:
Novo OPENSTUDIO en praza Toural, o vindeiro SÁBADO 18 de Xullo, a partir das 19.00:
Contamos ademáis para a ocasión con un invitado especialísimo:
O LABORATORIO DE ESCRITA PERMANENTE que lanza o número CERO dun SUPERFANZINE DE URXENCIA con texos inéditos e incribles de nove autores non menos inéditos e increibles!! (contan tamén que un destes autores aparece sen roupa no medio e medio do fanzine…)
E ademáis dous de estos autores amosan outras creacións:
Jose Perozo as súas esculturas
e Alejandra Pombo unha peza de debuxo e texto.
Todo iso aderezado, claro, de pinturitas Meiji da era confinada. Un evento mixto de literatura, escultura e pintura, artes permeables e promiscuas…Iso si, atendendo todas as esixencias do protocolo da Covidia (aforo, xel hidroalcólico, distancia...).
Vide vide please (con máscara)!!
A fantasía está servida (e en venta!)
Tamén haberá viño (de balde)
*Integrantes do laboratorio de escrita permanente: Sandra Lesta, José Carrillo, María López, Iván Folgueira, María Vigo, Daniel Calleja, Carlos Cartoné, Jose Perozo, Alejandra Pombo e María Meijide