cadernos de viaxe

Sempre fixen cadernos de viaxes, pero non foi ata 2015 que comecei a facer proxectos de edición.
Interésame o libro como un obxecto en si. Tento publicar edicións moi coidadas, de aspecto artesanal, preto do faxsimil.
Aspiro a facer no futuro un caderno para cada continente pero, polo de agora, teño publicado un asiático, outro transamericano e varios en Galicia.
Algúns vinculados a eventos en directo como son os concertos do festival Sinsal, e que se poden visitar en liña.