Sueste asiático 2015
En febreiro de 2015 aterrei en Kuala Lumpur, Malaisia, e alí comezou unha viaxe de cinco meses a través de sete países: Malaisia, Singapur, Tailandia, Myanmar, Laos, Vietnam e China. De Kuala Lumpur a Beijing é o caderno de viaxe de toda este percorrido. Un libro impreso a toda cor cunha selección de máis de 100 debuxos feitos ao vivo durante a viaxe. A medida que avanzan as páxinas poderemos recoñecer a icónica ponte sobre o río Kwae no noroeste de Tailandia, a contorna tribal de Inle Lake en Myanmar, as augas do Mekong nas ribeiras de Laos, os cemiterios de Dien Bien Phu no norte de Vietnam, rúas ateigadísimas nas incríbles metrópoles asiáticas, a gran muralla chinesa... e moito máis!! + info
Presentación no CGAC, Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015. Percorrido internacional con presenza en Libraría Altäir, Barcelona, xaneiro de 2017/ FILBA 2016, feira internacional do libro de Bos Aires, maio de 2016/ Art Libris, Feira de Edición Contemporánea, Barcelona, abril de 2016/ Foro de viaxe no espazo MIRA. Porto, marzo de 2016/ Presentación e sesión de debuxo con Urban sketchers en Palavra de Viajante, Lisboa, marzo de 2016.
Autoedición realizada mediante crowdfunding na plataforma Verkami/ Tiraxe de 600 exemplares numerados. Offset. Formato 17x18 cm en caixa de cartón ondulado.
Prensa: praza.gal / lavozdegalicia / youtube.com / radio tres / Radio euskadi / Radio euskadi (audio, mp3)