ou que difícil é ser maria meijide
Este caderno é unha autobiografía e tamén unha invitación.
Trátase dun formulario de representación.
Unha peza que me define a min mesma en epígrafes pero tamén a quen le, porque o texto funciona coma un xogo de espellos.
O que les sobre min é unha pregunta para ti.
Noutra orde de asuntos, esta autobiografía cuantificada é unha peza enraizada no presente: a historia breve dunha vida nos últimos 42 anos.
Tamén é unha campaña contra a mala vida: Súmate!
Primeira edición de 600 exemplares, en formato caderno de caligrafía, 21x15 cm, coeditado con Tulipa editorial, novembro de 2022. Con presentacións en Culturgal22, feira das industrias culturais, Pontevedra, novembro de 2022 / Cronopios, Santiago, decembro de 2022 / Villanueva del Rosario, Málaga , febreiro de 2023, etc.
Esta peza, a medio camiño entre a literatura e a arte conceptual, abre un proxecto de escrita colectiva infinita.
Ao final da publicación atoparás un correo electrónico onde podes enviar os teus escritos. Participa!
Versión en galego e castelán