o camiño meiji

o camiño a domicilio,
o camiño delivery

Unha mañá de setembro de 2021, no bar Muelle, Vero e Cyro dinme que teñen un proxecto para min. Nos non podemos facelo porque non somos galegos, aclaran, pero é perfecto para ti, Que é? Vimos que o Camiño de Santiago pasa por moitos lugares, hai sinalización por todas partes, en bares, restaurantes..., si, si, digo, é unha ruta moi coñecida, hai camiños dende moitos puntos de Europa, o camiño francés, o inglés, o primitivo, o portugués. Aquí vén xente de todo o mundo, insisto, moitas veces friquis, aínda que dende Andalucía creo que chega o da Vía da Prata. E por que non nos inclúes no camiño a nós?
QUEREDES QUE INCLÚA A VILLANUEVA DEL ROSARIO NO CAMIÑO? Sí,
Á vosa residencia artística RARA como primeira parada do recén concibido CAMIÑO MEIJI? SI. Ves e facemos as sinais en cerámica.
Pero o proxecto é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu.Non, non, é voso. Non, non, é teu. Non, non, é voso. Non, non, é teu. Bueno, vale...
Se todos os camiños levan a Roma, por que non a Santiago?
Váisevos petar o pobo de peregrinos, digo. E de subvencións europeas, engado. Ti tes es o mapa e os cadernos de viaxe, di Vero, é perfecto para ti.
O 8 de febreiro de 2023, ás dez e sete da mañá, saio da miña casa, baixo 3 pisos, 2 chanzos e chamo un taxi. Métome no taxi, percorro tres kilómetros, saio do taxi, entro na estación de tren e subo a un AVE destino Madrid: Madrid Chamartín. O tren chega con retraso, baixo, subo unhas escaleiras mecánicas, corro, sáltome dous postos de control e unha porta metálica, baixo de novo escaleiras, subo a un tren de cercanías cara Atocha. Báixome do tren, volvo correr, tuso coma unha tísica e entro noutro tren de alta velocidade: un AVE destino a Málaga con parada en Antequera, Santa Ana. Na estación espérame Cyro García en coche. Que pasa gallega? Percorremos 43 quilómetros e finalmente, despois de 60 escalóns, un taxi, dous trens de alta velocidade, un tren de cercanías, un par de carreiras de obstáculos e outro traxecto en coche, ás 3:40 horas do mércores 8 de febreiro de 2023 chego a Villanueva del Rosario, comarca nororiental, serra norte de Málaga.

Benvidos aO CAMIÑO MEIJI, o camiño a domicilio, o camiño delivery ... Unha ruta que dende hoxe une RARA en Villanueva del Rosario coa cidade de Santiago de Compostela, da que nos separan exactamente 744,58 kilómetros en liña recta ata km 0 na Praza do Obradoiro, (aínda que se facemos o percorrido por estrada son máis de mil kilómetros).
O camiño Meiji é unha nova forma de facer o Camiño de Santiago, por eso inclúe a súa iconografía, aínda que con pequenas modificacións. Pero a conclusión é que honra os mesmos valores que esta antiga ruta de peregrinación. E eses son, sobre todo, os valores de xenerosidade, hospitalidade e amizade, sen dúbida os valores da residencia RARA!

(Se estás interesado en que o Camiño Meiji pase polo teu establecemento, casa, cidade ou país, contacta con soymariameijide@gmail.com co asunto O Camiño delivery. SÚMATE!)