Ese mapa foi un traballo de encarga que, en principio, non me apetecía demasiado. A idea dunha cartografía exhaustiva e precisa resultábame moi ríxida, pero aos poucos fun reconciliandome co proxecto. Descubrín que toda cartografía responde a unha cosmovisión, a unha ideoloxía, e que a miña cosmovisión de Santiago era tan válida como calquera outra.
Na imaxe, os lugares e as persoas son sobre todo referentes emotivos dunha cidade orgánica, vibrante, coa que nos identificamos en tanto que está viva. A localización e o tamaño das cousas responde a un rexistro subxectivo, más, quen sabe? quizá este rexistro achéguenos a unha íntima realidade de Santiago de Compostela.
Hoxe día converteuse nun clásico
Cartografía personal en acuarela e colaxe reproducida en Offset.
Tirada de 1000 exemplares. (Actualmente 4ª edición)
Formato 50X70 cm, enrolado en tubo de cartón con adhesivo.
Presentación na Fundación Granell, Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2014.
(Véndese a 15 euros co envío incluido, -cielos que barato!- enrolado nun excitante tubo de cartón con pegatina)