accións con texto
Estas pezas de texto indagan nos mismos intereses que a voz pictórica: comer, beber, amar, trasladando este relato do presente, íntimo e vivo, a outros formatos. O proxecto Pintora Meiji (maxia sobre papel, 2019), ou as Crónicas do presente na exposición Sábado tarde me enjabono, (Tui, 2019), pertencen entre outros, a este epígrafe.
Obra gráfica expandida, 2023.
Proxecto ganador do Premio Sabor, estadía de producción serigráfica en espazo Do Paraná, Santiago de Compostela, 2024.
Esta peza é moi versátil, casi infinita, pode adaptarse a todo tipo de superficies e soporte e formatos: vinilo de corte, serigrafía artesanal sobre papel, tea de bolsa, cortiña de baño, pegatina, etc.
También foi o título dunha exposición individual de gravado na Fundación Ciec, Betanzos, en novembro de 2023.
A continuación unha serie de imaxes:
neon led sobre metacrilato, 2022
Esta peza luminosa foi realizada para a exposición individual Pánico no museo na Fundación Eugenio Granell, (outubro 2022/xaneiro2023)
Toda a mostra ven atravesada dunha narrativa persoal e autobiográfica que parece conectar co presente a través dunha mirada hedonista e íntima.
Nun alegato sensual esta peza proclámase como título duhna gran serie de retratos de amigos, amantes e familia.
Texto sobre facebook, medidas variables, maio do 2020
Narrativa do presente inmediato, publicacións de texto, fotos e videos en facebook, con motivo da participación no proxecto #lacamacovid19, de Verónica Ruth Frías + Cyro García Rodríguez. Parte destos textos foron editados en Publicación de Urxencia n.0, fanzine a cargo do Laboratorio permanente de escrita creativa, presentado o 18 de xulio de 2020 na 4ª edición de Open Studios Pazo Meiji, Compostela, 2020.
Maxia sobre papel, medidas variables, 2019
Publicidade sobre os parabrisas dos coches ao xeito dos santeiros africanos.
Esta acción levouse a cabo nas rúas de Compostela e de Villanueva del Rosario (Málaga).
Nace dunha competición, dentro do porxecto Casa&Concepto, coa artista Lúa Gándara: Cal publicidade é mellor e máis efectiva?
Acción na exposición individual SÁBADO TARDE ME ENJABONO, creación e proxección de texto en directo.
Narrativa do presente inmediato do que acontece nunha exposición, Tui, (Pontevedra), 2019.